martes, 13 de septiembre de 2011

SEN TRABALLO, SEN VIVENDA


O prezo da vivenda nova sobe lixeiramente en Galicia mentres segue a baixar no conxunto de España

Segundo o Ministerio, entre xuño de 2009 e o mesmo mes de 2010 o custe aumentou un 1,4%.

Dende xuño do ano pasado o prezo medio dunha vivenda nova (menos de dous anos) baixou a nivel de España un 3,6%. Porén, en cinco comunidade autónomas, entre elas Galicia, a tendencia foi diferente. Segundo os datos do Ministerio de Vivenda, aquí a vivenda nova subiu un 1,4% neste período, en Asturias (2,2); en Castilla La Mancha (1,3); en Extremadura (0,4); e en Cantabria unha décima.

Pola contra as maiores baixadas nos prezos de vivenda nova foron, segundo o ministerio, en Canarias (-6,4); Valencia (-5,1); Aragón (-4,8); Navarra (-4,4); Andalucía, Baleares e Madrid (nestes casos cun -4,3%)