domingo, 5 de marzo de 2017

Lamentamos calquera tipo de acto de violencia

A mañá do sábado 4 de marzo, o local da Casa de Cultura e Solidariedade de Santiago de Compostela amaneceu con destrozos no escaparate e unha pintada na fachada que di “aborto livre e gratuito”. Descoñécense polo momento os autores da agresión, da que se ten realizado denuncia ante a Policía Nacional.



A Casa de Cultura e Solidariedade pertence ao Movemento Cultural Cristián que promove a Campaña pola Xustiza Norte – Sur, que trata os grandes problemas da humanidade: fame, escravitude infantil, paro e explotación, defensa da vida. Neste local social ofrécense, desde hai máis de 20 anos, actos solidarios, actividades culturais e educativas (cine fórum, relatorios, festivais, actividades para nenos e adultos). Todo isto faise de xeito libre e gratuito, e sen subvencións de carácter público ou privado.

Os responsables da Casa de Cultura e Solidariedade lamentamos e condenamos calquera tipo de acto de violencia como o realizado nas nosas instalacións, e agradecemos o apoio ás persoas e asociacións que xa nos transmitiron o seu apoio e solidariedade.


Seguiremos traballando para construir un mundo mellor.