jueves, 15 de mayo de 2014

Diálogo aberto sobre a "Evangelii Gaudium"

O vindeiro luns 19, ás 20h, teremos un diálogo aberto sobre a "Evangelii Gaudium": Exhortación Apostólica sobre o anuncio do Evanxeo no mundo actual, do Papa Francisco. 
Contaremos con Eugenio Rodríguez, sacerdote e máster en Doctrina Social da Igrexa.
Unha boa ocasión para ler, ou reler, esta excelente reflexión que tivo unha enorme acollida en todo o mundo.

Luns 19, 20h. Casa de Cultura e Solidariedade. Santiago de Compostela.

martes, 6 de mayo de 2014

http://praza.com/movementos-sociais/7053/o-movemento-contra-o-traballo-infantil-chega-as-entranas-de-inditex/


O movemento contra o traballo infantil chega ás entrañas de Inditex



"Non quería marchar de Galicia sen expresarlle a Inditex a miña preocupación polo traballo infantil". Quen así fala e Ehsan Ullah Khan, activista paquistaní, presidente da Fronte de Liberación do Traballo Forzado que el mesmo fundou, e coordinador nacional en Suecia da Marcha Global. De visita no país, onde participou en varios debates e faladoiros, a multinacional téxtil abriulle as portas para escoitar as súas reivindicacións sobre o control e prevención para evitar o emprego de nenos e as malas condicións laborais no sur de Asia. E logrou meterse nas entrañas do xigante para amosarlle as súas inquedanzas e reclamarlle que incremente a súa vixilancia ante as informacións -negadas sempre pola compañía- e algunha sentenza que a sinalan en ocasións como unha das firmas que emprega subcontratas onde as condicións laborais son máis que mellorables.
Ehsan Ullah Khan aproveitou a súa visita a Galicia para amosarlle as súas inquedanzas a Inditex na súa propia sede
Ullah Khan, tal e como el mesmo explicou, reuniuse con varios empregados de Inditex coñecedores do traballo da empresa no sur de Asia e insistiu en reclamar o respecto aos dereitos humanos, ademais de se interesar polo control ds correctas condicións laborais dos traballadores dos talleres que fabrican para a multinacional. Acompañado de imaxes e da súa experiencia persoal de ducias de anos contra o traballo forzado, este histórico activista non dubidou en solicitar un maior control e en contarlle á firma as súas vivencias como activista loitador contra o traballo forzado.
O activista paquistaní adoita denunciar o traballo infantil que numerosas multinacionais téxtiles europeas empregan no sur de Asia e lembra que moitas delas, por exemplo, fabricaban ropa nos talleres de Bangladesh onde houbo milleiros de mortos logo de incendios que sacaron á luz importantes deficiencias e penosas condicións de traballo para os operarios. Inditex negou sempre estar vinculado con calquera destas fábricas no momento dos sinistros e adoita lembrar que, por exemplo no caso de Rana Plaza -do que agora se vén de cumprir o aniversario-, a relación co taller fora rachada anos antes.
Segundo se pode comprobar nas memorias da compañía, e tal e como destaca a propia Inditex, a firma realiza máis de 1.500 auditorías externas e unhas 700 internas cada ano para asegurar que os talleres subcontratados cumpren cos códigos de conducta.
O activista paquistaní é un histórico loitador contra o traballo infantil e tivo que marchar exiliado do seu país hai vinte anos
Pero Ehsan Ullah Khan, ao igual que moitas ONG e movementos sociais, consideran que queda moito por mellorar. E por iso quixo dicirllo á cara a Inditex, que mantén contactos acotío con varias destas ONG ou asociacións como a Marcha Global. O activista paquistaní comezou a súa loita contra o traballo forzado con tan só vinte anos, entre ameazas e represión. Fundou a Fronte dos Traballadores dos Fornos de Ladrillo e organizou accións e manifestacións diversas, ademais de achegar asistencia legal a prol dos dereitos humanos dos operarios.
Logo, para ampliar a súa loita contra a escravitude laboral, Ullah Khan fundou a Fronte de Liberación do Traballo Forzado e foi detido e torturado en varias ocasións. Ademais, está obrigado a vivir exiliado fóra de Paquistán desde 1995, logo do asasinato de Iqbal Masih, un dos nenos escravos aos que liberou, que foi un importante loitador polos dereitos humanos e "mártir" con tan só doce anos.
Malia que o caso aberto contra el por sedición foi anulado en 2011, o goberno de Paquistán non lle permitiu volver ao país. Na actualidade, Ullah Khan é o coordinador nacional da Marcha Global en Suecia e traballa, a través de varias redes, contra o sistema de castas do sur de Asia.