martes, 28 de agosto de 2007

Expresarse en Compostela: MISIÓN IMPOSIBLE


Se xa é contradictorio atoparse os famosos paneis de información nos lugares máis recónditos, onde o paso dos petóns é o menor de toda a cidade, é aínda máis chocante o estado do panel que está enfronte do colexio Quiroga Palacios.
Ademais de ter un aramado primeiro, no mesmo panel hai un sinal de prohibido o paso e perigo de alta tensión… E é que ademais de ter a sensación de non informar a ninguén, facer unha pegada de carteis vai ser unha "misión imposible".