martes, 28 de agosto de 2007

ENQUISA DE CONDICIÓNS DE VIDA DAS FAMILIAS GALEGAS

Instituto Galego de Estatística. ANO 2006.

A web do IGE publica unha serie de datos interesantes sobre as condicións de vida dos galegos. Cómpre destacar algúns deles nestas páxinas:

- Un 64% dos fogares galegos manifestan ter dificultade ou moita dificultade para chegar a fin de mes. No ano 2005 esta porcentaxe era dun 47%.
- O 20% máis rico da poboación abrangue o 39,65% da renda total galega, mentres o 20% máis pobre se reparte o 6,81%.
- Nove de cada dez mozos con idade comprendida entre os 18 e 24 anos viven cos pais. O 55,6% dos homes comprendidos no intervalo dos 25 aos 34 aínda residen cos seus progenitores e destes, o 75% ten traballo.
- 11.000 persoas na comarca de Santiao están baixo o limiar de pobreza di o IGE (o limiar de pobreza establécese no 50% dos ingresos medios). Os datos de Cáritas son que hai máis de 4000 persoas en “extrema pobreza” (enténdese por debaixo do 25% do salario medio da cidade) e entre 15.000 – 20.000 veciños que sofren pobreza. Cáritas di que a situación é semellante á de fai dez anos.
- Un 1% dos fogares galegos realizan gasto en persoal para o coidado de persoas dependentes (unha media de 296 euros). A previsión de aplicación da lei de dependencia é e 1000 euros mensuais como máximo para a atención integral dos grandes dependentes.


Os datos presentados polo IGE levaron a declaracións de todo tipo como por ejemplo que Galicia debe recrutar man de obra foránea para paliar a despoboación e en concreto para cuidar aos maiores e “dependentes”. Parece que a solución pasa por explotar aos máis débiles, aos inmigrantes. ¿Canto cobrarán deses 1000 euros?