jueves, 22 de noviembre de 2012

XXII Marcha contra as causas da fame en Compostela



Movemento Cultural Cristián
Casa de Cultura e Solidariedade “Guillermo Rovirosa”
Rúa do Home Santo 47, baixo
15703- Santiago de Compostela


Queridos amigos:

Queremos compartir con vós a ledicia de celebrar a XXII Marcha contra as causas da fame na cidade de Santiago de Compostela e tamén teremos Concentración en A Coruña.
Este ano consideramos que cómpre saír ás rúas e estender o berro solidario porque a situación que vivimos aquí demostra que esta economía canalla que leva moitas décadas xerando fame e explotación nos países empobrecidos, está producindo “axustes estructurais” tamén aquí, na veciñanza, na nosa cidade.
Un dos feitos que demostran que a loita pola xustiza ten que ser internacional é a contraposición entre o despilfarro de alimentos e a fame. Só en España os supermercados botan ao lixo máis de 50.000 toneladas de comida fresca; cantidade que alimentaría anualmente a 43.000 familias. En Santiago de Compostela máis de 100 persoas percorren os comedores sociais cada día.
A loita contra as causas do paro esixe a loita contra as causas da escravitude infantil; porque esta economía canalla xera paro e explotación no Norte e escravitude infantil e fame no Sur.

Por iso vos convidamos a dialogar este tema a través do instrumento que vos poida valer:
-                Un obradoiro de investigación – acción sobre o despilfarro de alimentos.
-                A carpeta da Campaña pola Xustiza nas Relacións Norte – Sur que recollen actividades e materiais para o traballo con grupos. DVD sobre o tema.

E a compartir con nós unha Marcha pola cidade percorrendo institucións cómplices do despilfarro de alimentos. Sairá o sábado 15 de decembro ás 18h da Pza do Toural e ás 19h teremos o acto final na mesma praza.
Hoxe máis ca nunca hai a tentación de dicir “primeiro nós”, pero, ou a loita é solidaria ou non conseguiremos transformar este mundo inxusto nun mundo máis humano e solidario.

Unha aperta,
Amigos da Casa de Cultura e Solidariedade.


As citas son:

SANTIAGO DE COMPOSTELA. SÁBADO 15 DE DECEMBRO DE 2012.
MARCHA. Sairá ás 18h da Pza do Toural. Rematará ás 19h na mesma praza.
A CORUÑA. SÁBADO 22 DE DECEMBRO DE 2012.
CONCENTRACIÓN. 18H en Riego de Agua.