miércoles, 29 de septiembre de 2010

¿ECONOMÍA INFORMAL? ¿ECONOMÍA SOMERXIDA? ¡¡EXPLOTACIÓN!!

A principios dos anos 70 do século anterior, a OIT (Organización Internacional do Traballo) empeñaba a expresión "sector estruturado" - que máis tarde cambiaría primeiro por "sector informal" e logo, dada a súa extensión e amplitude, por "economía informal" - para "describir as duras actividades dos traballadores pobres que non eran recoñecidas, rexistradas, protexidas ou reguladas por autoridades públicas".
Traballadores que teñen en común "non estar recoñecidos nin protexidos dentro dos marcos xurídicos e regulamentearios (...) Os traballadores informais caracterízanse polo seu alto nivel de vulnerabilidade". Non teñen protección xurídica nin social, carecen de representatividade, non poden acceder ás axudas públicas, con empregos inestables e precarios e con ingresos moi baixos e irregulares.

¿Onde están os máis de 4,5 millóns de "parados oficiais"? ¿Onde están os millóns de contratados temporais cando son parados temporais? ¿Onde están os fixos discontinuos (=parados discontinuos)? ¿Onde están os que se forman "contribuindo ao país" -segundo o noso Presidente senvergonza?

GESTHA afirma que en España temos un 23,3% de economía somerxida (porcentaxe sobre o PIB). No caso de Galicia estima que o peso da economía somerxida na Comunidade é do 26,3% do PIB galego en 2009, tres puntos porcentuais por enriba da media nacional. É unha estimación baseada en datos fiscais e debe tomarse con precaución xa que de por si mesmo o concepto de economía somerxida é moi escuro.