lunes, 11 de octubre de 2010

CRISE ECONÓMICA E DSI: MITOS, MENTIRAS E ESPERANZA


Queridos amigos:


Unha vez máis nos poñemos en contacto con vós para ofrecervos unha posibilidade de encontro - diálogo - acción. Nesta ocasión é unha xornada dun día sobre CRISE ECONÓMICA E DOUTRINA SOCIAL DA IGREXA: MITOS, MENTIRAS E ESPERANZA.


Nesta xornada de economía afondaremos en torno aos pilares sobre os que se sustenta a teoría económica e a súa actividade. Cuestionar o incuestionable. Romper mitos que temos ben cimentados na nosa cabeza. Coñecer sinxelos feitos nos que se fixo e se fai fronte ao sistema. Romper a pantalla que nos deslumbra para ver con claridade quen realmente está achegando riqueza á sociedade e como outros logran usurpar ese patrimonio.


¿Cando? Luns 1 de novembro, 10h-19h.

¿Onde? Santiago de Compostela.

Impartido por: Magdalena Pérez, Profesora de Economía e Eugenio Rodríguez, Sacerdote e Máster en DSI.

Prezo: 5 euros.

Máis información: 699362952


É necesaria inscripción previa (data límite 25 de outubro).