viernes, 10 de abril de 2015

Contra as causas da Escravitude Infantil

 Ola amigos:

Mándovos a información dos vindeiros actos que teremos co motivo do Día Mundial contra a Escravitude Infantil, 16 de abril, día no que foi o asasinato do neno Iqbal Masih (XX Aniversario).

Como sabedes, neste Concello temos unha Praza que se chama Iqbal Masih, para que sexa referente para os nosos nenos, mozos e... adultos!! porque todos podemos aprender que é necesario empeñarnos na desaparición da escravitude, ollando a vida e loita deste neno e de tantos Iqbal que hai no mundo.

Pois ben, invitámosvos ás seguintes posibilidades de diálogo - acción:

SÁBADO 11 DE ABRIL:

Pola mañá postos

e exposición en distintos puntos da cidade, onde se pode colaborar levando materiais, difundíndoos, e mesmo coas mans nalgunha performance que montaremos.

Pola tarde: 19h visita guiada á exposición ubicada na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47) en memoria do derrubamento en Rana Plaza (pequenos artistas e grandes, colaboraron nesta exposición).

LUNS 13 DE ABRIL, 19:30h:


Charla e coloquio: O NEGOCIO DA ENFERMIDADE. A cargo de Óscar Quintela, Farmacéutico e Toxicólogo Forense. Aula Castelao. Facultade de Medicina.

MARTES 14 DE ABRIL, 20:00h:

CINE na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47): DIAMANTES NEGROS (fútbol e escravitude infantil).

 XOVES 16 DE ABRIL, 11h:



ACTO EN MEMORIA DE IQBAL MASIH NA PZA IQBAL MASIH (Rúa do Home Santo). Participarán alumnos dos centros educativos: IES Antón Fraguas, IES Xelmírez, Colexio Juventud, Seminario Menor.


Tamén se realizarán actos noutras vilas de Galicia, como Vigo e A Rúa. Podes chamarnos para pedir información.

Unha aperta e agardamos que sexa do voso interese,

Teresa de Vallejo.

PD: agradecemos, como sempre, difusión.