jueves, 16 de abril de 2015

16 de Abril en Santiago de Compostela y en todo el mundo.

Contentos!!! Así chega o 16 de Abril. Contentos de poder contribuir á corrente solidaria de milleiros de persoas anónimas. Contentos dos Iqbal Masih do mundo, dos Malala, dos "Chicos del Pueblo", das asociacións que día a día loitan...

Contentos tamén polo traballo de centos de escolares de Santiago de Compostela que hoxe, 16 de abril de 2015, estarán na homenaxe a Iqbal Masih, na súa praza (se a choiva o permite) despois de ter traballado nas aulas e cos amigos sobre o problema de ¡¡400 MILLÓNS DE NENOS!! ¡¡¡¡ESCRAVOS!!!!
 
Convidamos a todos os Compostelanos a ir pola Pza Iqbal Masih hoxe ás 11h. Será un acto bonito. Feito polos nenos e no que o importante son as vidas doutros nenos.
 
Convidamos a este 16 de Abril, de LOITA, de ESFORZO, de VIDA.
 
 
 
 
" Nuestra generación verá el fin de la esclavitud"
Kailash Satiarthi. Premio Nobel de la Paz 2014.