jueves, 3 de enero de 2013

Para ser optimistas... 1 millón de euros

Ser optimistas ten prezo. Concretamente, 826.271 euros máis IVE. É o prezo no que a Consellería de Economía e Industria contratou a campaña Galicia competitiva: a innovación, o emprendemento e a internacionalización como eixos clave para o crecemento económico e do emprego de Galicia, a acción publicitaria que o Goberno galego comezou a tramitar durante o verán co obxectivo de transmitir "optimismo" ante a crise a través dun "ambicioso" proxecto de anuncios propagandísticos cun impacto nada desprezable nas arcas públicas.


¿Non se nota xa o optimismo? Pois que saiban: 1 millón de euros. 


Fte: extracto de praza.com