domingo, 9 de diciembre de 2012

XXII MARCHA CONTRA AS CAUSAS DA FAME



Comunicado de Prensa

MARCHAS SOLIDARIAS POLA XUSTIZA EN NADAL
CONTRA AS CAUSAS DA FAME, O PARO E A ESCRAVITUDE INFANTIL
Non Matarás (Deus)

ECONOMÍA CANALLA: DESPILFARRO DE ALIMENTOS VS. FAME


            O primeiro problema da humanidade é a fame. O 80% da humanidade padecen fame nun dos seus graos e cada día morren 50.000 nenos. Só en España os supermercados botan ao lixo máis de 50.000 toneladas de comida fresca; cantidade que alimentaría anualmente a 43.000 familias. En Santiago de Compostela máis de 100 persoas percorren os comedores sociais cada día. En Nadal Xesús está entre os contedores de lixo buscando alimento, na rúa porque o desafiuzaron, está espoliado, explotado, con fame e frío...

Tamén en Nadal é cando o sector financeiro festexa os seus beneficios ou rescates.   
Entre as causas da fame unha é rapidamente evitable: a especulación con alimentos nos mercados a futuro de materias primas. Esta especulación provocou, ¡¡a millóns!!, o aumento das vítimas da fame desde 2008.
O Banco Sabadell e Caixa Catalunya son os actores principais e grandes promotores desta especulación en España.
Co 1% dos cartos dedicados ao rescate do sector financeiro mundial podería terse evitado a traxedia da fame no mundo. Denunciamos a falta de vontade política e a falta de humanidade do sector financeiro e, entre todo, do sector financeiro español.
O sistema bancario é responsable dos desafiuzamentos en España e a través da especulación de alimentos da morte de millóns de persoas. Se non dubidan en matar nenos para enriquecerse, ¿Por que dubidarían en roubar ás familias españolas?
A especulación é responsable da suba do prezo do millo e os cereais. Un sistema que utiliza a especulación para fixar o prezo do pan é un sistema que debe ser refeito desde a súa base.
Moitos adultos e mozos estamos comprometidos na loita contra estas inxustizas e percorreremos as institucións da nosa cidade cómplices do desperdicio de alimentos e a fame. Será unha marcha que se unirá ás miles de marchas convocadas por distintas organizacións en todo o planeta por un mundo máis solidario e fraterno.

As citas son:

SANTIAGO DE COMPOSTELA. SÁBADO 15 DE DECEMBRO DE 2012.
MARCHA. Sairá ás 18h da Pza do Toural. Rematará ás 19h na mesma praza.
A CORUÑA. SÁBADO 22 DE DECEMBRO DE 2012.
CONCENTRACIÓN. 18H en Riego de Agua.




Responsable de prensa por parte das organizacións convocantes:

Yolanda Gómez 646 066 020

AXÚDANOS A DIFUNDIR A CONVOCATORIA: