martes, 30 de octubre de 2007

Explotación do inmigrante en Galicia

Tamén en Galicia temos moito que esconder neste tema. Tamén aquí hai explotación e escravitude.

13.181 traballadores portugueses están dados de alta na Seguridade Social en Galicia. Son un 34,5% máis que o pasado ano, e isto sen contar todos os que traballan na economía sumergida, ou aqueles que se desprazan cada día ou cada semana dende Portugal.

Os estudos indican que son polo xeral traballadores en torno aos 35 anos, dispostos a cobrar 6 euros á hora. Contratados por empresas lusas, subcontratados á súa vez por empresas españolas, constitúen unha presa fácil para a explotación, utilizados como man de obra barata. Algúns deles xa sufriron o drama dos accidentes laborais nas obras do AVE, onde por certo, traballan por salarios inferiores aos galegos.

¿Onde están os sindicatos, que falan cando xa é demasiado tarde ou evidente? ¿Quen vai responder con contundencia a Fidalgo (de CC.OO.), quen afirmou que “en España temos bastante man de obra barata, e non precisamos importala”?

A defensa do inmigrante é para nós, os galegos que fomos emigrantes, cuestión de dignidade e xustiza.