miércoles, 21 de diciembre de 2016

O BELÉN ESTARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO

COMUNICADO DE PRENSA

O BELÉN ESTARÁ NA PRAZA DO OBRADOIRO


Santiago de Compostela, 21 de Decembro de 2016

Cada ano, desde fai millóns de anos, pobos de África, América, Europa, Asia e Oceanía achéganse a contemplar o nacemento como quen contempla toda a creación. O que o mundo celebra en Nadal é o nacemento de Xesús no pesebre. Sen Belén, non hai Nadal.



En todas as latitudes son as persoas, familias, asociacións e institucións as que poñen o Belén nas casas e nos espazos públicos. O pobo quere así facilitar que todas as persoas que o desexen poidan contemplar o nacemento de Xesús no pesebre.

Contemplando o pesebre tamén nos facemos conscientes dos moitos pesebres que hai no mundo. Hoxe os pesebres están na guerra, nos desprazados buscando un lugar onde vivir; están nas cadeas ou nos CIES indignos. Xesús nace en cada neno escravo, no pai de familia explotado, nas persoas que viven na rúa.

Poñer o Belén no centro da cidade, na Praza do Obradoiro que é lugar de acollida, é un símbolo de paz, de amor e xustiza. Iso é o que queremos facer moitos en Santiago o xoves 22 de decembro ás 12h.
O Movemento Cultural Cristián co apoio das Parroquias, capelas e numerosas asociacións, institucións, comercios e centos de sinaturas de cidadáns organizámonos para que o Belén estea na praza pública e sexa cousa do pobo, e non dependa exclusivamente da vontade das institucións.

O Belén que poñeremos está realizado con materiais de refugallo para simbolizar o que se anunciou no Salmo: "A pedra que desbotaron os canteiros convértese en pedra angular"

Desexámosvos a todos un Bo Nadal, que sirva ao Amor, á Solidariedade, á Xustiza e á Paz.


XOVES 22 DE DECEMBRO
12H. Colocaremos o Belén no Obradoiro.
Breves palabras.
Panxoliñas.



Responsable de prensa: Juan S. 633 513 404

Responsable da organización: Teresa 630 115 130