jueves, 3 de diciembre de 2015

SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015.

Temos unha proposta que nos parece interesante para este Nadal. 



Consiste en xuntarnos familias, amigos, grupos e asociacións para realizar a última etapa do Camiño de Santiago, desde o Monte do Gozo ata o Obradoiro. Será o sábado 26 decembro pola mañá, de 11 a 13h. 
A humanidade está en camiño fuxindo de guerras e fame, pero tamén esixindo os seus dereitos e colaborando a construir lazos de solidariedade. E non queremos permanecer indiferentes. Así que camiñaremos "con eles" e teremos algunha breve parada na que lembraremos o motivo que nos une alí.

Ao final haberá un acto público na Pza do Obradoiro.

Para levalo a cabo, convidámosche a que organices un café, unha pequena reunión con 3 ou 4 amigos, familias... o que consideres mellor para presentar esta proposta.

Se queres participar ou tes algunha dúbida, podes escribirnos a este mail ccys_santiago@hotmail.com ou chámanos ao 630 115 130.

Graciñas,
Teresa de Vallejo.
Movemento Cultural Cristián.
Casa de cultura e solidariedade
Rúa do Home Santo 47, baixo.
15703- Santiago de Compostela.