miércoles, 19 de noviembre de 2014

II Xornadas de Cooperativismo de Traballo



 II Xornadas de Cooperativismo de Traballo

Boas amigos,
Desde a Casa de Cultura e Solidariedade cremos na colaboración en todos os ámbitos. Un ano máis, acollemos esta Xornada que o Partido SAIn organiza para coñecer o mundo das cooperativas, con convidados que falan en primeira persoa da súa experiencia, das posibilidades, dos temas a ter en conta para quen estea pensando en poñelas en marcha, do impacto que teñen na sociedade: una xornada para poñerse en marcha no mundo cooperativo. Inscríbete xa e difunde a quen penses que pode interesar.(saingalicia@gmail.com ou 678671403)
Unha aperta.