Xa este mércores limitouse o acceso ao rexistro, impoñendo un sistema de recollida de citas, que antes das 11 da mañá xa cubrira as 250 previstas para todo o día. O Concello tamén habilitou rexistros en varias oficinas municipais repartidas por toda a cidade e ampliou os horarios para a recollida das solicitudes.
A entidade sinala que "a diminución do orzamento en máis dun 40% e o endurecemento das esixencias para acceder a estas axudas resulta dunha falta de sensibilidade e unha irresponsabilidade abraiantes"A Oficina de Dereitos Sociais de Coia criticou duramente esta semana a través dun comunicado tanto a dotación orzamentaria deste cheque social coma algunhas das características da súa tramitación. A entidade sinala que "a diminución do orzamento en máis dun 40% e o endurecemento das esixencias para acceder a estas axudas resulta dunha falta de sensibilidade e unha irresponsabilidade abraiantes", sobre todo no actual contexto "dunha situación de precariedade e empobrecemento crecentes da poboación, con 35.000 persoas desempregadas e 3.000 expedientes de axudas de emerxencia municipais bloqueados". O 72,3% dos galegos e galegas recoñecen dificultades para chegar a fin de mes, segundo os datos publicados hai unhas semanas polo INE na súa Enquisa de Condicións de Vida. Ademais, o 24,3% dos habitantes de Galicia atópanse en risco de pobreza ou exclusión social.
Fte: www.praza.com