COMUNICADO DE PRENSA
ACTOS
SOLIDARIOS CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL
Comunicado
de Prensa
- Que? Denunciar a escravitude infantil.
- Cando? 10 de abril, 11h e 16 de abril, 18.30h
- Onde? Praza Iqbal Masih (Rúa Home Santo) Santiago de Compostela
- Como?
- 10 de abril: centos de nenos dos colexios Monte dos Postes, Xelmírez II, Juventud, Seminario Menor, e Antón Fraguas protagonizarán un acto denunciando a escravitude infantil, e lembrarán a Iqbal Masih.
- 16 de abril: ofrenda floral en homenaxe a Iqbal Masih, neno escravo asasinado con 13 anos por loitar contra a escravitude infantil en Paquistán.
- Por que?
O
16 de abril de 1995, un neno escravo chamado Iqbal Masih morría
asasinado en Paquistán por loitar contra a escravitude infantil. A
súa loita non foi en vano, e hoxe en milleiros de lugares de todo o
mundo, a súa figura e a súa historia son símbolos para os que
queremos que remate o crime da escravitude infantil, na que viven
actualmente máis de 400 millóns de nenos no mundo.
É
cada vez máis evidente que as causas deste crime están nun sistema
económico e político dominado polas grandes multinacionais e o
sistema financeiro internacional, que contan co apoio de Organismos
Internacionais como a OIT ou UNICEF. Lonxe de combatir a escravitude
infantil, estes organismos maquillan a realidade e dan falsas
respostas que permiten perpetuar a explotación e a escravitude.
Gobernos, partidos políticos parlamentarios, e sindicatos tampouco
combaten que se roube a infancia a centos de millóns de nenos.
É
necesario que a sociedade tome o protagonismo para denunciar un
sistema económico que xenera escravitude entre os nenos e ao tempo,
paro entre os adultos.
Desde
hai xa 19 anos, en cidades de toda España e Iberoamérica véñense
realizando marchas, concentracións, recollida de firmas e outros
actos solidarios contra a escravitude infantil. En moitos lugares hai
prazas, rúas, colexios… lembrando a Iqbal e a súa loita como
símbolo para a nosa tarefa.
Tamén
en Santiago de Compostela se organizan desde o ano 1997, actos contra
a escravitude infantil, e se dá a coñecer a figura de Iqbal Masih
como símbolo da loita contra este crime. Froito desa acción, no ano
2012 conseguiuse que unha praza da nosa cidade leve o nome de Iqbal
Masih.
Un
ano máis, o Movemento Cultural Cristián, coa colaboración dos
colexios e IES: Antón Fraguas, Monte dos Postes, Xelmírez II,
Seminario Menor e Juventud, organizan un acto de esperanza, no que
centos de nenos presentarán traballos que levan varias semanas
preparando. Será o día 10 de abril ás 11 da mañá na Praza Iqbal
Masih.
O
día 16 de abril, ás 18.30h, celebraremos tamén unha ofrenda floral
na mesma praza, como lembranza da testemuña de Iqbal e como denuncia
institucional e solidaria contra as causas da escravitude infantil.
Persoa
de contacto: Miguel 630 012 173. ccys_santiago@hotmail.com