miércoles, 25 de septiembre de 2013

Acto na Biblioteca Ánxel Casal: 20 anos de "Autogestión"





Venres 4 de outubro XX aniversario da revista  “Autogestión”
A revista Autogestión cumpre 20 anos. É unha revista bimestral que quere ser altavoz dos sufrimentos por inxustizas e tamén das loitas solidarias no mundo.
A revista distribúese a través de traballo militante na universidade, rúas e prazas de España. Funciona con traballo de balde, sen subvencións nin publicidade para garantir a súa liberdade. Son xa 20 anos de colaborar á corrente solidaria en España.
A tertulia-encontro contará coa participación de Antonio Gutiérrez, xornalista, e Cristina Bandín, membro do colectivo Autogestión. Antonio Gutiérrez analizará o papel dos medios de comunicación coas realidades dos empobrecidos: fame, explotación, inmigración forzosa, ... na charla "Medios de comunicación e xustiza social".
Lugar: Salón de Actos, ás 19:30 h.
Entrada libre ata completar a capacidade da sala.