jueves, 24 de febrero de 2011

NOVA CAIXA GALICIA (NCG)



As Caixas de Aforro nacen, maioritariamente, unidas aos Montes de Piedade, para entre outras cousas, eliminar a usura. Tamén loitar contra a pobreza, promoción do aforro nas clases máis débiles. Segundo recolle a revista Autogestión no último número as Caixas de Aforro serviron para financiar infraestructuras e as empresas do Estado (antigo INI) nas décadas dos 50 e 60. En definitiva a industrialización deste país fíxose gracias ao traballo e aforro dos pobres (que eran os obreiros).
Este punto de partida é necesario telo claro cando leamos as novas continuas de NCG... porque todas as medidas que se tomaron especialmente no período da Democracia serviron para roubar este patrimonio ao pobo e para financiar ás clases máis privilexiadas do capitalismo español. Bancarizar as caixas supón un roubo ao patrimonio do pobo.
En definitiva, seguindo mandatos dos grandes poderes financeiros que provocaron e seguirán provocando crises e quebras continuamente, fanse despidos, prexubilacións, utilízanse cartos públicos para bancos e caixas... e pode venderse a outros bancos!!! Véndese un patrimonio que foi do pobo. O goberno sanaeará as caixas cos cartos de todos os españois e logo sacarán a subasta para que os grandes bancos as leven a prezo de saldo. O Santander xa se apresurou en anunciar que entraría na posible compra das mesmas.
Unha das causas fundamentais da “crise” de NCG e da banca... son as vivendas que non se venderon... Neste país o poder dos bancos e constructoras é enorme, cunha clara situación de monopolio, financiando aos partidos políticos,... ¿Que pasaría se o Estado puxera esas vivendas a disposición dos cidadáns que non poden ter acceso a elas a unhas condicións xustas?