lunes, 13 de diciembre de 2010

MARCHA POLA XUSTIZA







O pasado sábado 11 de decembro saímos á rúa en Santiago para denunciar as causas da fame, o paro e a escravitude infantil. Percorremos en silencio as rúas do Ensanche porque EN SILENCIO morren cada día 100.000 persoas por fame... co noso silencio, co silencio dos medios de comunicación,...
Logo tivemos unha concentración onde se expuseron experiencias de loita solidaria e houbo un discurso final recordando a necesidade de abrir paso á corrente solidaria na nosa sociedade.
Na cidade de A Coruña tivo lugar unha concentración que fixo que Riego de Agua fose un espacio distinto, onde os empobrecidos tiñan un lugar destacado.

Seguimos...