Mostrando entradas con la etiqueta militancia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta militancia. Mostrar todas las entradas

domingo, 30 de abril de 2017

Loita contra a trata en Lugo



Onte tivemos a alegría de contar con Pilar de Lara, Xuíza de Instrución de Lugo. Tras 10 anos de traballo atopouse coa realidade da trata no Xulgado de Instrucción nº1 de Lugo. E non mirou para outro lado. A trata é o máximo atentado contra a persoa, porque a converte en escrava. Utilizar á persoa unha e outra vez, unha e outra vez... ata que non me dea máis beneficios.

De Lara denunciou o negocio importantísimo que supón a trata. Fálase de que é o terceiro por detrás das drogas e das armas... quizais haxa que poñer en dúbida eses datos.

Fan faltan as tres "p": prevención, persecución e protección. Temos que conseguir a erradicación da trata. Unha sociedade non pode permitirse cuestionar este obxectivo.

Pila de Lara dixo que en España fíxéronse esforzos en relación a este tema e que hai adiantos na lexislación, pero na maioría das ocasións por motivos de seguridade ou perseguir o fraude fiscal. Non hai unha vontade política decidida a erradicar a trata e protexer ás vítimas. ¿Por que non se fai? Porque supón cuestionar o sistema económico.

A Xuíza abordou a trata desde unha perspectiva ampla e falounos da trata para fins de explotación sexual, explotación laboral, tráfico de órganos e mendicidade.

Criticou o negocio dos anuncios de contactos nos xornais. Medios que fan reportaxes contra a trata e logo ingresan a costa das vítimas. Ese mesmo sábado había varios anuncios cun mesmo tlfno ou enderezo. ¿De verdade que iso é difícil de investigar, de perseguir?

O encontro con Pilar de Lara foi dun par de horas, pero necesitariamos moitas máis para aprender da súa experiencia. O tema non é menor. O silencio e consentimento da sociedade é penoso.
Queremos agradecerlle a Pilar de Lara o seu compromiso persoal e profesional para erradicar a trata. Graciñas!

domingo, 5 de marzo de 2017

Lamentamos calquera tipo de acto de violencia

A mañá do sábado 4 de marzo, o local da Casa de Cultura e Solidariedade de Santiago de Compostela amaneceu con destrozos no escaparate e unha pintada na fachada que di “aborto livre e gratuito”. Descoñécense polo momento os autores da agresión, da que se ten realizado denuncia ante a Policía Nacional.



A Casa de Cultura e Solidariedade pertence ao Movemento Cultural Cristián que promove a Campaña pola Xustiza Norte – Sur, que trata os grandes problemas da humanidade: fame, escravitude infantil, paro e explotación, defensa da vida. Neste local social ofrécense, desde hai máis de 20 anos, actos solidarios, actividades culturais e educativas (cine fórum, relatorios, festivais, actividades para nenos e adultos). Todo isto faise de xeito libre e gratuito, e sen subvencións de carácter público ou privado.

Os responsables da Casa de Cultura e Solidariedade lamentamos e condenamos calquera tipo de acto de violencia como o realizado nas nosas instalacións, e agradecemos o apoio ás persoas e asociacións que xa nos transmitiron o seu apoio e solidariedade.


Seguiremos traballando para construir un mundo mellor. 

jueves, 5 de enero de 2017

O BELÉN SERÁ RETIRADO DA PRAZA DO OBRADOIRO

COMUNICADO DE PRENSA

O BELÉN SERÁ RETIRADO DA PRAZA DO OBRADOIRO


Santiago de Compostela, 05 de Xaneiro de 2017

O vindeiro 7 de Xaneiro, coincidindo co remate do Nadal, o Movemento Cultural Cristián retirará da Praza do Obradoiro o Belén que foi instalado o día 22 de decembro.


Queremos agradecer a todos os cidadáns que colaboraron para que esta iniciativa fose adiante e puidesemos ter presente nas nosas rúas o símbolo de humildade, amor e solidariedade que representa o Belén.
En especial ás parroquias de Santiago e Teo, ás persoas que axudaron na elaboración do Belén con material de refugallo e aos cidadáns que asistiron ao acto público do día 22.
Agradecer tamén a toda a cidadanía de Santiago o respecto e civismo co que trataron o Belén, especialmente a todas esas persoas anónimas que estes días estiveron adornando á familia de Nazaret con flores, candeas, mensaxes e mesmo coas tradicionais doce uvas.

Queremos poñer en valor que a colocación do Belén tense realizado por iniciativa cidadá demostrando que unha sociedade forte é quen de ser protagonista da vida cultural, política e social da súa cidade, tamén en aspectos básicos como o de que símbolos poñer na súa praza máis emblemática na festividade do Nadal e queremos animar á cidadanía a seguir a traballar nesta liña para facer medrar a democracia entre todos nós.

¡¡Graciñas!!





Responsable de prensa: Juan S. 633 513 404

Responsable da organización: Teresa 630 115 130

lunes, 11 de abril de 2016

ACTOS CONTRA AS CAUSAS DA ESCRAVITUDE INFANTIL

No XXI Aniversario do asasinato de Iqbal Masih, seguimos celebrando a súa pegada na historia e na loita contra a escravitude infantil:


Este ano convidámosvos a:

15 de ABRIL:


Obradoiros con mozos de Compostela para coñecer e difundir a vida de Iqbal Masih.
Biblioteca Pública Ánxel Casal.


Acto público na Quintana, homenaxe ao neno paquistaní.


16 de ABRIL:


UTOPÍA, unha obra de Tomás Moro, interpretada pola Compañía Zeroalaizquierda.

Neste ano 2016 cúmprense 500 anos da primeira publicación da Utopía de Tomás Moro. 

Queremos achegarnos á utopía aínda máis.










¿Onde? Centro Sociocultural de Vite. ¿Cando? Sábado 16 de Abril de 2016, 19h. Entrada de balde ata completar aforo.
E tamén:
Libros, revistas e cultura solidaria en diversos postos pola cidade de Santiago de Compostela.



Agardamos que colaboredes!!!

16 DE ABRIL: 
DÍA INTERNACIONAL CONTRA A ESCRAVITUDE INFANTIL.

jueves, 7 de abril de 2016

Lola Touza salvó a 500 judíos


Lola -alias La Madre- regentaba la cantina de la estación de tren de Ribadavia. Organizó entre 1941 y 1945 una red de fuga de judíos para pasarlos a Portugal.


02f1
Las hermanas Lola, Amparo y Julia Touza Domínguez recibieron el pasado 7 de septiembre en su Ribadavia natal un emotivo homenaje póstumo en reconocimiento a su labor de ayuda desinteresada a judíos perseguidos por el nazismo durante la II Guerra Mundial. Las tres, con la colaboración de dos taxistas —José Rocha y Javier Míguez— y de un intérprete —Ricardo Pérez Parada— se encargaban de ocultar a los judíos y de llevarlos hasta la frontera con Portugal, país desde el que embarcaban más tarde hacia América o hacia el norte de África. Tras el homenaje, organizado por la Red Sefardí de España, el Centro de Estudios Medievales de Ribadavia acordó solicitar a Israel la declaración de Justas entre las Naciones para las hermanas Touza.

Fueron dos judíos alemanes residentes en Nueva York, que querían hacer llegar su agradecimiento a las mujeres gallegas que les habían ayudado, los que desvelaron la actividad clandestina de las tres hermanas de Ribadavia. El asunto llegó a oídos del librero monfortino Antón Patiño, que se interesó por la historia y se reunió con ellas; poco antes de su muerte, en el año 2005, Patiño dio a conocer los hechos en su libro Memoria de ferro. “Antón Patiño conocía todos los detalles desde muchos años antes, desde que yo era un crío —apunta Julio Touza—, pero quiso mantener el silencio para evitar posibles represalias, y sólo al final de su vida dio a conocer aquellos hechos”.
04f1

La red de ayuda a los judíos en España, como señala el propio Julio, se iniciaba en Gerona, en la frontera con Francia, y en un primer tramo llegaba hasta Medina del Campo. Desde allí continuaba hasta Monforte y Ribadavia, a donde solían llegar los judíos perseguidos al anochecer. En una fase final, los huidos eran llevados hasta la frontera portuguesa, y desde el país vecino embarcaban luego rumbo a América, o a puertos del norte de África. “El Cantábrico era más peligroso porque estaba muy controlado por los alemanes”, añade Julio Touza.
En esa labor clandestina de ayuda a los judíos, las hermanas Touza contaban con la colaboración de dos taxistas, su pariente Xosé Rocha Freijedo, y Javier Míguez, conocido como el Calavera; y también con Ricardo Pérez Parada, un tonelero que había estado como emigrante en Estados Unidos y que hacía las veces de intérprete.

El Centro Peres por la Paz plantó en las colinas de Jerusalén un árbol con el nombre de Lola Touza que recuerda la gesta de las tres hermanas. Sus nietos, que recibieron un diploma acreditativo, esperan ahora que el Gobierno israelí las nombre Justas entre las Naciones, el máximo reconocimiento oficial para aquellas personas que ayudaron a los judíos durante el Holocausto.

05f4

La familia de las hermanas Touza ha recibido felicitaciones en nombre del presidente de Israel y de altas instancias del mundo judío, entre otras Efi Stenzler, presidente del Directorio Mundial Karen Kayemeth Le´israel; Ron Pundak, director General del The Peres Center for Peace en Israel, e Isaac Siboni, Presidente de la Asamblea Universal Sefardí. Para José Luis Chao, presidente del Centro de Estudios Medievales, el homenaje del 7 de septiembre “superó todas las previsiones y la noticia dio la vuelta al mundo. Para nosotros es un caso emblemático, porque en esta época en que hay tan poca solidaridad la hermanas Touza son todo un ejemplo de cómo gente humilde arriesgó su vida para ayudar a otras personas de forma desinteresada”.

viernes, 11 de diciembre de 2015

ACTOS PARA A ESPERANZA




EUCARISTÍA POLA XUSTIZA. PARROQUIA SAN JUAN DE VITE, 12H. DOMINGO 13 DE DECEMBRO DE 2015.


CAMIÑO DE SANTIAGO DESDE O MONTE DO GOZO CON ACTO FINAL NO OBRADOIRO. SÁBADO 26 DE DECEMBRO DE 2015.

jueves, 16 de abril de 2015

16 de Abril en Santiago de Compostela y en todo el mundo.

Contentos!!! Así chega o 16 de Abril. Contentos de poder contribuir á corrente solidaria de milleiros de persoas anónimas. Contentos dos Iqbal Masih do mundo, dos Malala, dos "Chicos del Pueblo", das asociacións que día a día loitan...

Contentos tamén polo traballo de centos de escolares de Santiago de Compostela que hoxe, 16 de abril de 2015, estarán na homenaxe a Iqbal Masih, na súa praza (se a choiva o permite) despois de ter traballado nas aulas e cos amigos sobre o problema de ¡¡400 MILLÓNS DE NENOS!! ¡¡¡¡ESCRAVOS!!!!
 
Convidamos a todos os Compostelanos a ir pola Pza Iqbal Masih hoxe ás 11h. Será un acto bonito. Feito polos nenos e no que o importante son as vidas doutros nenos.
 
Convidamos a este 16 de Abril, de LOITA, de ESFORZO, de VIDA.
 
 
 
 
" Nuestra generación verá el fin de la esclavitud"
Kailash Satiarthi. Premio Nobel de la Paz 2014.
 

viernes, 10 de abril de 2015

Contra as causas da Escravitude Infantil

 Ola amigos:

Mándovos a información dos vindeiros actos que teremos co motivo do Día Mundial contra a Escravitude Infantil, 16 de abril, día no que foi o asasinato do neno Iqbal Masih (XX Aniversario).

Como sabedes, neste Concello temos unha Praza que se chama Iqbal Masih, para que sexa referente para os nosos nenos, mozos e... adultos!! porque todos podemos aprender que é necesario empeñarnos na desaparición da escravitude, ollando a vida e loita deste neno e de tantos Iqbal que hai no mundo.

Pois ben, invitámosvos ás seguintes posibilidades de diálogo - acción:

SÁBADO 11 DE ABRIL:

Pola mañá postos

e exposición en distintos puntos da cidade, onde se pode colaborar levando materiais, difundíndoos, e mesmo coas mans nalgunha performance que montaremos.

Pola tarde: 19h visita guiada á exposición ubicada na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47) en memoria do derrubamento en Rana Plaza (pequenos artistas e grandes, colaboraron nesta exposición).

LUNS 13 DE ABRIL, 19:30h:


Charla e coloquio: O NEGOCIO DA ENFERMIDADE. A cargo de Óscar Quintela, Farmacéutico e Toxicólogo Forense. Aula Castelao. Facultade de Medicina.

MARTES 14 DE ABRIL, 20:00h:

CINE na Casa de Cultura e Solidariedade (rúa do Home Santo 47): DIAMANTES NEGROS (fútbol e escravitude infantil).

 XOVES 16 DE ABRIL, 11h:



ACTO EN MEMORIA DE IQBAL MASIH NA PZA IQBAL MASIH (Rúa do Home Santo). Participarán alumnos dos centros educativos: IES Antón Fraguas, IES Xelmírez, Colexio Juventud, Seminario Menor.


Tamén se realizarán actos noutras vilas de Galicia, como Vigo e A Rúa. Podes chamarnos para pedir información.

Unha aperta e agardamos que sexa do voso interese,

Teresa de Vallejo.

PD: agradecemos, como sempre, difusión.

miércoles, 7 de enero de 2015

Información do grupo de lectura da Casa de Cultura e Solidariedade.


GRUPO DE LECTURA NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE

Vindeiro libro: Pedagoxía do Oprimido, de Paulo Freire. Xoves 29 de Xaneiro.


http://bibliotecasolidaria.blogspot.com.es/2009/10/pedagogia-del-oprimido-de-paulo-freire.HTML

miércoles, 10 de diciembre de 2014

DECEMBRO: ACTOS CONTRA AS CAUSAS DA FAME.


  Bos días:

"A pinga abre a pedra, non pola súa forza, senón pola súa constancia" (Ovidio)

Escribimos para comentarvos os vindeiros actos nos que estamos traballando. Queremos compartir con vós estas posibilidades de diálogo, encontro e loita solidaria. Como sabedes, a Campaña pola Xustiza nas Relacións Norte - Sur, que se realiza desde fai 25 anos, ten un  momento especial agora en decembro e estes son os actos que realizamos aquí en Galicia.


COMPOSTELA. XOVES 11 DE DECEMBRO, 19H. BIBLIOTECA ÁNXEL CASAL. TEATRO SOCIAL: "ESCRIBO SOBRE TI PARA VENCERTE" por Silvia Rumeu da Compañía TeatroZero. Entrada libre.
Silvia Rumeu presenta este traballo de TeatroZero para falarmos do medo a vivir, a loitar, a sentir... a ¿? Vén a velo... para descubrilo.




A CORUÑA. SÁBADO 13 DE DECEMBRO.
MAÑÁ E TARDE NAS RÚAS DE A CORUÑA (RIEGO DE AGUA, BARCELONA, CANTÓN GRANDE)
13H. ACCIÓN EN SOLIDARIEDADE COS INMIGRANTES NA RÚA BARCELONA.
19H. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME EN RIEGO DE AGUA.

COMPOSTELA. MÉRCORES 17 DE DECEMBRO, 20H. CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE (RÚA DO HOME SANTO 47, BAIXO). RELATORIO: "MEDIO SÉCULO DE COOPERACIÓN HUMANITARIA ¿AXUDA OU ANTI- AXUDA?". Por IÑAKI ZABALA, Coordinador da Unión Europea da cooperación ao desenvolvemento en Ruanda (1995) e Eritrea (1999).

 


COMPOSTELA. SÁBADO 20 DE DECEMBRO.
MAÑÁ E TARDE NAS RÚAS DE SANTIAGO (PORTA FAXEIRA, ORFAS, XENERAL PARDIÑAS).
17:30H. QUEDAMOS NA PZA DE PRATERÍAS. ACCIÓN PLÁSTICA CONTRA A FAME.
19:00H. CONCENTRACIÓN CONTRA AS CAUSAS DA FAME EN PORTA FAXEIRA.

Para informarte de detalles, non dubides en chamarnos ou escribirnos.
Graciñas e Bo Nadal!!!
 
PD: agradecemos difusión.
 


 

miércoles, 19 de noviembre de 2014

II Xornadas de Cooperativismo de Traballo



 II Xornadas de Cooperativismo de Traballo

Boas amigos,
Desde a Casa de Cultura e Solidariedade cremos na colaboración en todos os ámbitos. Un ano máis, acollemos esta Xornada que o Partido SAIn organiza para coñecer o mundo das cooperativas, con convidados que falan en primeira persoa da súa experiencia, das posibilidades, dos temas a ter en conta para quen estea pensando en poñelas en marcha, do impacto que teñen na sociedade: una xornada para poñerse en marcha no mundo cooperativo. Inscríbete xa e difunde a quen penses que pode interesar.(saingalicia@gmail.com ou 678671403)
Unha aperta.

viernes, 7 de noviembre de 2014

Un día sen ler é un día perdido

Mañá sábado 8 de novembro estaremos na Rúa do Paseo da cidade de Ourense ofrecendo cultura solidaria.


Edicións Voz de los sin Voz.
Feitas con traballo gratuito.
Política, literatura, espiritualidade, economía...

A prezo de coste.

martes, 30 de septiembre de 2014

CINE - FÓRUM: O NEGOCIO DA CARIDADE. VENRES 3 DE OUTUBRO, 19:30H.

O NEGOCIO DA CARIDADE. Documental (2013). 50 minutos.

Este documental analiza a repercusión da axuda humanitaria no mundo. ¿Axuda humanitaria en emerxencias ou crónica? ¿A onde se dirixe e como se utilizan os cartos recadados? ¿Axuda ou negocio?


¿CANDO?
VENRES 03 DE OUTUBRO ÁS 19:30H

¿ONDE?
NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE
Rúa do Home Santo 47, baixo. Santiago.
 
Foto: O NEGOCIO DA CARIDADE. Documental (2013). 50 minutos.
 
Este documental analiza a repercusión da axuda humanitaria no mundo. ¿Axuda humanitaria en emerxencias ou crónica? ¿A onde se dirixe e como se utilizan os cartos recadados? ¿Axuda ou negocio?
 
 
¿CANDO?
VENRES 03 DE OUTUBRO ÁS 19:30H
 
¿ONDE?
NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE
 Rúa do Home Santo 47, baixo.

jueves, 11 de septiembre de 2014

ESTAMOS DE OBRAS!!! Convidamos a colaborar...

NA CASA DE CULTURA E SOLIDARIEDADE
 
ESTAMOS DE OBRAS!!!
Convidamos a colaborar a todos os que queirades botar unha man (pintura, obras nos baños, luces, limpeza...)
Especialmente a semana do 15 de setembro traballaremos intensamente.
 
 
 
 









 Para colaborar, chamade ao teléfono de Teresa por favor!!!

Graciñas.
 
 
 
 
 
 
 
 
 


viernes, 27 de junio de 2014

Cultura solidaria en Pontevedra


 


Libros que ayudan a entender la realidad. Libros que ayudan a cuestionar la propia vida. Libros y más libros... a precio de coste en la Pza de la Peregrina mañana sábado 28 de junio.