Onte tivemos a alegría de contar con Pilar de Lara, Xuíza de Instrución de Lugo. Tras 10 anos de traballo atopouse coa realidade da trata no Xulgado de Instrucción nº1 de Lugo. E non mirou para outro lado. A trata é o máximo atentado contra a persoa, porque a converte en escrava. Utilizar á persoa unha e outra vez, unha e outra vez... ata que non me dea máis beneficios.
De Lara denunciou o negocio importantísimo que supón a trata. Fálase de que é o terceiro por detrás das drogas e das armas... quizais haxa que poñer en dúbida eses datos.
Fan faltan as tres "p": prevención, persecución e protección. Temos que conseguir a erradicación da trata. Unha sociedade non pode permitirse cuestionar este obxectivo.
Pila de Lara dixo que en España fíxéronse esforzos en relación a este tema e que hai adiantos na lexislación, pero na maioría das ocasións por motivos de seguridade ou perseguir o fraude fiscal. Non hai unha vontade política decidida a erradicar a trata e protexer ás vítimas. ¿Por que non se fai? Porque supón cuestionar o sistema económico.
A Xuíza abordou a trata desde unha perspectiva ampla e falounos da trata para fins de explotación sexual, explotación laboral, tráfico de órganos e mendicidade.
Criticou o negocio dos anuncios de contactos nos xornais. Medios que fan reportaxes contra a trata e logo ingresan a costa das vítimas. Ese mesmo sábado había varios anuncios cun mesmo tlfno ou enderezo. ¿De verdade que iso é difícil de investigar, de perseguir?
O encontro con Pilar de Lara foi dun par de horas, pero necesitariamos moitas máis para aprender da súa experiencia. O tema non é menor. O silencio e consentimento da sociedade é penoso.
Queremos agradecerlle a Pilar de Lara o seu compromiso persoal e profesional para erradicar a trata. Graciñas!